Sexualidade humana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2021.) |
A sexualidade humana representa o conxunto de comportamentos que concirnen á satisfacción da necesidade e do desexo sexual. Igualmente a outros primates, os seres humanos utilizan a excitación sexual para fins reprodutivos e para o mantemento de vínculos sociais, mais agregan o gozo e o pracer propio e do outro. O sexo tamén desenvolve facetas profundas da afectividade e da consciencia da personalidade. En relación a isto, moitas culturas dan un sentido relixioso ou espiritual ó acto sexual, así como ven nel un método para mellorar (ou perder) a saúde.
Concepto
[editar | editar a fonte]A OMS define que a "sexualidade forma parte da personalidade de cada un, sendo unha necesidade básica e un aspecto do ser humano que non pode ser separado doutros aspectos da vida. A sexualidade influencia pensamentos, sentimentos, accións e interaccións e, por tanto a saúde física e mental".
Actualmente, ocorre por parte dalgúns estudosos, a tentativa de afastamento do concepto de sexualidade da noción de reprodución animal asociada ó sexo. A sexualidade tende a se referir ó plano psicolóxico do individuo. Alén dos factores biolóxicos (anatómicos, fisiolóxicos etc.), a sexualidade dun individuo pode ser fortemente afectada polo ambiente socio-cultural e relixioso no que este se insire. Un exemplo disto é que nalgunhas sociedades, na súa maioría orientais, promóvese a poligamia ou bigamia, ou sexa, a posibilidade ou deber de ter múltiples parellas.
Nalgunhas partes do mundo a sexualidade explícita aínda é considerada como unha ameaza ós valores político-sociais ou relixiosos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sexualidade humana |